En portadaTempo de EntroidosÚltima hora

O Entroido de Vilariño de Conso, de interese turístico galego

O Consello da Xunta de Galicia vén de aprobar a súa declaración xunto coa doutras catro festas, entre elas a Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei
O folión de Vilariño de Conso abrindo o desfile no pasado Domingo de Entroido./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O folión de Vilariño de Conso abrindo o desfile no pasado Domingo de Entroido./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Era unha distinción longamente esperada e ansiada e que por fin se fai realidade. Detrás dela hai moito e traballo e esforzo que agora da os seus froitos. O Entroido de Vilariño de Conso vén de ser recoñecido como Festa de Interese Turístico Galego. A súa declaración aprobábase no Consello da Xunta do 10 de marzo. No texto da declaración incidíase en que este Entroido “constitúe unha das manifestacións populares máis importantes do inverno en Galicia”.

Entre as singularidades desta celebración están os folións, que reúnen a veciños dunha mesma aldea que interpretan incesamente un toque identificativo. Del forman parte os Boteiros, personaxes centrais do Entroido deste municipio do oriente ourensán e que tamén participan nas foliadas.

Na súa reunión do 10 de marzo o Consello da Xunta tamén recoñecía como de interese turístico á Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei e outras tres festas: a Feira do Queixo do Cebreiro, a Feira do Viño do Rosal e a Festa do Viño do Condado do Tea.

Artigos relacionados

Back to top button