CulturaCulturaEntroido 2024Última hora

O Entroido de Xinzo arranca mañá co Petardazo

Domingo Fareleiro en Xinzo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O asentamento definitivo do desfile do Entroido no día tradicional, o martes; a recuperación do xogo da cucaña para o sábado de Piñata, xunto co baile de Capuchóns e Marcaritas; máis de 30 grupos, bandas charangas e orquestras; e dobre ruta de charangas durante os días grandes, son as principais novidades do Entroido de Xinxo, o ciclo máis longo, que arrinca mañá, sábado 20 de xaneiro e estenderase ata o 18 de febreiro, día das Eleccións galegas.

Mañá, a praza Carlos Casares será o epicentro do arranque do programa oficial. Todas as miradas estarán postas no reloxo que marca a conta atrás. Será pola noite cando a celebración comece co tradicional Petardazo.

Ao día seguinte celebrarase a tradicional guerra de fariña do Domingo Fareleiro do Entroido de Xinzo. Seguiranlle o domingo Oleiro (28 de xaneiro); o Corredoiro (4 de febreiro); o Entroido (11 de febreiro) e o de Piñata (18 de febreiro).

 

 

O Entroido de Xinzo celebrará o sábado 27 de xaneiro o tradicional Colgamento do Meco, un símbolo tradicional no que con moito humor e retranca faise burla de personaxes que están de actualidade. Durante o día o meco percorrerá o casco antigo acompañado da comitiva do Entroido.

O sábado, 3 de febreiro, será a fin de semana grande das pantallas de Xinzo de Limia. Aínda que ao longo das semanas de festa tamén estarán presentes, será esta fin de semana cando por primeira vez sairán xuntas coincidindo co Domingo Corredoiro.

Do 9 ao 11 de de febreiro será este ano a fin de semana grande coas rúas cheas de música, disfraces, verbena e un longo etcétera de actividades.

O Martes de Entroido celebrarase a partir das 17 horas o tradicional desfile de Entroido polas rúas de Xinzo; E o Mércores de Cinsa o Enterro da Sardiña a partir das 20 horas.

O aábado 17 de febreiro celebrarase a Cucaña na praza Maior (18:30 horas) e o domingo 18 a popular Piñata, unha xornada na que os máis pequenos da casa pechan ao grande o Entroido con piñatas cheas de doces.

Artigos relacionados

Back to top button