BaloncestoDeportesÚltima hora

O equipo cadete masculino do MV Barco comeza a liga con dobre vitoria

Vencían ao Val de Lemos, 20-82 a domicilio e 53-30 en casa

 

O baloncesto de base do MV Barco comeza a competición de forma progresiva. Se na fin de semana do 16-17 de outubro comeza a liga o equipo cadete feminino, nesta ocasión tocáballe o turno ao conxunto masculino de adestra Patricia Gómez, que abría a tempada como líder da clasificación cunha dobre vitoria. “Tiñan que empezar tamén a fin de semana pasada pero aprazouse o partido co cal tiveron que xogar un partido onte e outro hoxe”, explica a adestradora.

 

Cadete masculino do CB Val de Lemos.

 

Así, na mañá deste sábado 23 de outubro O Barco vencía con moita superioridade ao Val de Lemos na súa propia cancha por 20-82 e hoxe, domingo 24, volvía xogar, pero xa en casa (no pavillón de Calabagueiros) contra o mesmo equipo e de novo volvía ganar, nesta ocasión 53-30 (as imaxes da galería corresponden a este partido).

 

Imaxe do partido disputado esta mañá en Calabagueiros.

 

O equipo feminino pola súa banda, leva outras dúas vitorias noutros tantos partidos, vencendo con contundencia ao Maristas, tanto en casa (73-18) como a domicilio (39-68).

Dende o club aseguran estar moi ilusionados por volver a competir e sobre todo “volver a facer deporte libremente”, marcándose como principal obxectivo “volver coller o ritmo que tiñamos”.

Artigos relacionados

Back to top button