Esta fin de semana celébrase no Auditorio Mar de Vigo, na cidade olívica, a edición 2023 de ‘Vigo Porté’, o evento internacional de disciplinas de baile no que participará o equipo de competición da academia Bayadère Danza do Barco de Valdeorras.

Competirán o venres 28, o sábado 29 e o domingo 30 de abril, unha fin de semana “moi intensa e emocionante”, di a profesora Nuria Reguera orgullosa das súas “campioas”.

Fotos cedidas.