Unha semana antes das festas se celebraba este ano o Torneo de Petanca de Santa Rita organizado polo Club Petanca Valdeorras que, na tarde do domingo 12 de maio, reunía 24 tripletas de clubs da Coruña, Lugo, Negreira, Foz, Vigo, Fabero, A Rúa e por suposto Valdeorras.
Igual que en anos anteriores, nesta III edición do torneo comezaban as partidas xa de boa mañá, parando para xantar no Restaurante Fernando III e volvendo a xogar xa de tarde, sendo o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, o encargado de entregar os premios aos gañadores (xamóns e trofeo) así como unha botella de viño a cada un dos participantes, xunto ao presidente do Club Petanca Valdeorras, Gabriel.

Os vencedores deste III Torneo de Petanca Festas de Santa Rita era para o equipo do club de Negreira (Santiago de Compostela); o segundo clasificado da final era o equipo A do club de Lugo; e o terceiro o equipo A do club da Coruña.
O gañador do premio de consolación era o equipo A do Club de Petanca A Rúa, recentemente creado e que terá en xuño o seu propio torneo para inagurar as pistas no Aguillón rues.

Fotos: Mónica G. Bellver.



