OurenseÚltima hora

O equipo infantil do Sincro Ourense ratifica a súa praza na 1ª división de natación artística

O club ourensán participaba no Campionato de España Alevín/ Júnior de Inverno disputado en Lloret de Mar

 

Tras meses adestrando nunhas condicioóns difíciles debido ás restriccións pola pandemia, o Club Sincro Ourense regresaba á competición nacional por todo o alto.

Na fin de semana do 13 e 14 de marzo, dous equipos do club ourensán participaban no Campionato de España Alevín/ Júnior de Inverno de Natación Artística celebrado en Lloret de Mar (Girona), logrando uns resultados máis que satisfactorios. O principal foi sen dúbida para o equipo infantil que  mantén a súa posición en 1ª división, demostrando que malia todas as restricións dende o inicio da tempada, “con esforzo e sacrificio” teñen o seu lugar entre os mellores clubs de España. “O traballo diario das nadadoras, sempre respaldadas por un gran equipo técnico encabezado pola adestradora Elvira, vai consolidando esta posición”, aseguran dende a directiva.

 

O equipo alevín do Sincro Ourense que foi a Lloret de Mar.

 

Con respecto aos resultados individuais, na competición de figuras destaca o posto 30º de Blanca Moyano de 314 participantes. Estela L. Ojea era 50º, Iria Fernández 51º, Antía Blanco 160º, Cristal Mota 168º, Elia Rodríguez 175º, Sarah Sánchez 211º e Paula Moure 216º. Na competición de rutinas, a súa coreografía valeulles o posto 16º que, sumado á puntuación de figuras, situounas no posto 15º clasificándose así para 1ª división.

En canto aos resultados das tres nadadoras ourensás da categoría alevín que participaron unicamente en figuras, “cabe destacar a moi boa posición de Alejandra Baliñas co posto 40º de 225”, aseguran dende a directiva do club. Carmen Reboredo acadaba o posto 125º e Paola Bobillo o 207º na que foi a  súa primeira competición nacional. “Apoiadas pola súa adestradora, Bea, souberon afrontar esta competición con valentía e responsabilidade a pesar de todo o protocolo anticovid”, conclúen orgullosos dende a directiva.

Fotos: Club Sincro Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button