Un mes despois de que co temporal que sacudiu a cidade, voase parte da cuberta da Piscina Rosario Dueñas, Ourense acollía (do 16 ao 18 de xullo), o Campionato Galego de Natación Absoluto-Júnior organizado polo Club Natación Pabellón Ourense xunto co Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Federación Galega de Natación. Unha competición na que o anfitrión, o CNPO, sumaba un total de 27 medallas (7 de ouro, 13 de prata e 7 de bronce).
“Foi unha fin de semana de loucura e non só pola calor, senón porque dende a primeira xornada de competición e ata o final as clasificacións por equipos estiveron arriba e abaixo”, explicaba o respobsable do club Santiago Escudero. Finalmente o equipo Júnior feminino do CNPO proclamábase campión galego.