DeportesÚltima hora

O equipo júnior pon o broche de ouro á tempada do Sincro Ourense

 

Coa participación no IX Campionato de España Alevín-Júnior-Absoluto de Verán de Natación Artística, o Sincro Ourense poñía o broche de ouro a unha fantástica tempada 2020/2021 na que, malia a difícil situación vivida polo Covid, lograba os trofeos ao Mellor Club Galego Promoción e ao Mellor Club Galego de Nivel, ademais de moi boas posicións no panorama nacional.

O campinoato de verán celebrábase a pasada fin de semana en Valladolid, ata onde se desprazaba o equipo júnior formado por nove nadadoras (Rocío Blanco, Erea Lamas, Maria Molina, Ana Moyano, Blanca Moyano, Sarah Sánchez, Elia Rodríguez, Eva Rodríguez e Antía Touriño) e as adestradoras Marta Tardío e Elvira López, que se reafirmaron como “un dos dez mellores equipos Júnior de España”, aseguran dende o club.

Con respecto aos resultados, en Só Técnico, Ana Moyano alcanzaba o posto 12º; o Dúo Técnico de Ana Moyano e Rocío Blanco posicionábase no 18º e 16º no Dúo Libre. En canto a Eva Rodríguez e Erea Lamas alcanzaban o posto 30º co seu Dúo Técnico. En rutinas de equipo, as nadadoras ourensás conseguían tamén boas posicións: o equipo Técnico era 10º, o Libre 12º e o Highlight 15º. “A suma dun gran traballo, moito esforzo e esa paixón que as move, colocounas no Top Ten Nacional”, apuntan orgullosos dende o club.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button