
Con moi boas novas rematan o mes de febreiro no Pádel Club Valdeorras. Especialmente por parte do equipo masculino A que ascende á categoría 1000 de series nacionais con praza asegurada para xogar as interseries contra Asturias. “De proclamase campión xogaría, en sede por confirmar, contra resto de campións de España así como de Italia, Suecia, México e Portugal”, explican dende o club.

O equipo feminino pola súa banda ten que xogar unha final o domingo día 9 contra Pádel i Punto, e “se gañan tamén terán praza garantida en interseries, pasando o mesmo que co equipo masculino”, confirman dende Pádel Club Valdeorras.

Con respecto aos outros dous equipos, tanto o B como C TRT, xogarán os play off na categoría de future para ver se poden conseguir praza en interseries.

No que atinxe á liga galega, o equipo A vai primeiro da categoría 2; O C TRT, vai quinto da categoría 3 empatado a puntos; o B vai segundo empatado a puntos da categoría 5 e un partido menos; e o feminino vai terceiro empatado a puntos da categoría 3.
Fotos cedidas.