
O Adas do Barco continúa subíndose ao podio. Desta volta era nunha competición nacional xa que lograba a prata por equipos no Campionato de España de medio maratón (21,097 km) máster que se celebrabo a pasada fin de semana en Cariño-Ortigueira.
Así na categoría M45-50 José M. Fernández Márquez, Enrique Estévez e José Manuel García “Pacho” conseguían o segundo posto nacional. Pola súa banda, os M35-40, con Ricardo Vázquez, Marco Paulo Rodrigues e Armando Fontán rozaban o podio e eran cuartos.
“A título individual chegaba o subcampionato de España en M50 para Pepe Márquez, nunha espectacular carrerra”, tal e como se destaca dende o Adas.
No galego por clubs, a prata absoluta era tamén para o equipo do Adas, que ademais lograba medallas individuais no caso de Márquez, que foi ouro en M50, Enrique Estévez conquistaba a prata en M45 e Ricardo Vazquez o bronce en M40.