OurenseÚltima hora

O equipo ourensán Aukor Racing fai podio na clase E4 no Rallye Sanremo Storico

Carlos Sampayo e Álex Cid finalizan con nota a súa primeira experiencia no Campionato de Europa de Vehículos Histórico

Javier López, Álex Cid, Carlos Sampayo, David Ferrer e Jesús Miguel Varela, o Aukor Racing ao completo.

 

Carlos Sampayo e Álex Cid, piloto e copiloto do equipo ourensán Aukor Racing, veñen de finalizar con nota a súa primeira experiencia no Rallye Sanremo Stórico, logrando a 14ª posición no Campionato de Europa de Históricos, no seu debut no Rally Sanremo Stórico (29ª posición da xeral conxunta co Campionato Italiano e terceira posición dentro da categoría E4), disputado os días 9 e 10 de abril en Italia.

As boas sensacións de Sampayo e Cid na xornada inicial víronse confirmadas na segunda etapa, cunha clara progresión nos tempos que lles permitiu escalar varios postos na xeral para finalizar dentro do Top 30 e terceiros clasificados da categoría E4. Aos mandos do Renault 11 Turbo construído tamén en Ourense e co hándicap de non rodar apenas quilómetros antes do inicio do proxecto continental, Sampayo e Cid foron descubrindo as melloras mecánicas instaladas no vehículo francés concluíndo a cita realmente satisfeitos, aínda que con traballo por diante en canto a reglaxes.

En total foron 131 quilómetros en 14 especiais e dúas xornadas de competición nas que o equipo de Escuadra Ourense foi mellorando os seus cronos ante os mellores especialistas europeos e italianos, todos eles con monturas máis potentes que a súa e nunha lista de rexistrados que contou con case 80 equipos na liña de saída. “Estamos realmente contentos de completar a proba e máis de facelo no podio da clase E4, algo impensable cando saímos de Ourense para disputar a proba. A sensacións foron incribles durante toda a fin de semana, corremos todo o que puidemos aquí, pero estou seguro de que na próxima carreira iremos moito mellor e seremos máis fortes”, asegura o piloto Carlos Sampayo, que xa ten as miras postas na segunda proba puntuable para o europeo que os levará, do 5 ao 7 de maio, á República Checa, con motivo do Historic Vltava Rallye.

Artigos relacionados

Back to top button