EconomíaEconomíaÚltima hora

O escultor Xelo de Tremiñá clausurará a asemblea de Aeva o vindeiro 20 de outubro

O escultor Xelo de Tremiñá, pregoeiro das Festas do Cristo 2018./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) vén de convocar aos seus asociados a súa asemblea xeral ordinaria, que está prevista para o 20 de outubro ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no Casino do Barco. A orde do día da xuntanza, inclúe, entre outros puntos, a ratificación pola asemblea das solicitudes de afiliacións e baixas, a memoria de actividades 2022, a aprobación das contas do ano 2022 e previsión de orzamento para o ano 2023, así como a análise e aprobación se procede da modificación de estatutos.

O programa de actos da asemblea completarase ás 21,15 h. co acto de recoñecemento ás empresas que cumpren 20 anos na asociación e ás 21,30 horas cun acto de clausura que correrá a cargo de Ángel García Álvarez “Xelo de Tremiñá”, escultor valdeorrés. Despois, ás 22h. está previsto un viño de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button