ConcellosQuirogaÚltima horaVídeos

O espectáculo de rúa “Psycho-Delia” abre o sábado das Festas de Verán de Quiroga

Pola noite será o plato forte, o concerto de música tradicional da man de "Ardentía"

 

O espectáculo de animación de rúa “Psycho-Delia” a cargo de Troula Animación abría este sábado das Festas de Verán de Quiroga. Así, o prato forte das festas será este mesmo día a partir das 22 horas, co concerto a cargo de “Ardentía” na Praza de España, actividade que terá aforo limitado.

 

 

Mañá, domingo día 9,  a partir das 11 horas, terá lugar a alborada coa “Unión Musical Val Miñor” e concerto as 13 horas. diante da Casa do Concello. Ademais, o mesmo día e a partir das 12:00 horas, a Área de Deportes organiza o Día da Bicicleta.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button