CulturaCulturaÚltima hora

O espectáculo “Disculpa si te presento como que no te conozco”, este venres no Barco

 

A identidade nunha linguaxe de circo e danza. A partir de aí desenvólvese o espectáculo “Disculpa si te presento como que no te conozco”, que poderá verse sobre as táboas do Teatro Lauro Olmo do Barco o vindeiro 15 de decembro ás 21h. Esta peza, de Miguel Barreto e La Pequeña Victoria Cen, é o resultado de tres anos de creación. “Reflicte a forma en que Miguel e Pablo se atopan, dous corpos que xogan coa simetría, a duplicidade e a ambigüidade para compoñer imaxes sorprendentes, diálogos acrobáticos e escenas oníricas”, explican os seus creadores.

Ao conectar con diferentes emocións “dan forma a unha obra que ten un significado particular para cada persoa e para que o espectador faga a súa propia versión e descubra a través da danza e o circo a dualidade quen é o outro – quen son eu”. O espetcáculo plantexa un diálogo co público para xerar reflexións arredor da identidade, a relación cos demais e o que nos rodea.

Artigos relacionados

Back to top button