CulturaCulturaÚltima hora

O espectáculo “Falar por falar”, de Volta e dalle Teatro, no Barco este venres

 

“Falar por falar”, unha peza de Volta e dalle Teatro, poderá verse o vindeiro venres 20 de outubro sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo a partir das 21h. Con texto e dirección de Carlos Santiago, a obra está tamén interpretada por el xunto a Víctor Mosqueira.

“Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño”, explican dende a compañía. Por iso “Falar por Falar” propón “un achegamento á realidade da lingua, desde a propia vivencia dos falantes e os non falantes”.

Artigos relacionados

Back to top button