CulturaCulturaÚltima hora

“O estilo Verino é atemporal; é un sinal de identidade para todos os que apostan por el”

Así o aseguraba o deseñador na inauguración na Coruña da exposición "40 anos de estilo Verino". Poderá visitarse na Fundación Luis Seoane ata o 25 de setembro

 

Rodeado de máis dun cento de persoas, Roberto Verino inauguraba este mediodía flanqueado por Inés Rey, alcaldesa de A Coruña, a segunda parada da exposición homenaxe aos 40 anos de moda #estiloverino. “Esta exposición é un exercicio creativo para toda a nosa familia. Durante moito tempo, teño que confesar que cando empezas a deseñar tes claro as premisas do teu estilo pero non sempre o
podes identificar. Sen embargo, xa na primeira exposición que fixemos para festexar o 25 aniversario, fomos quen de darnos conta e de entender, que a nosa impronta é inconfundible”, indicaba Roberto Verino.

A mostra está composta por unha selección de imaxes que trasladan ao visitante a un universo dunha “muller empoderada, con seguridade en sí mesma -que se trasmite aos ollos do espectador- e que non se deixa levar pola temporalidade do mesmo fenómeno da moda. A nosa selección de imaxes, os manequíns coas prendas e o audiovisual que percorre estas catro décadas de traballo, o que pretende comunicar é que cada un é que un ten que sentirse ben con aquilo que leva, independentemente das modas”, dicía do deseñador verinés. “Logo destos 40 anos identificamos un denominador común na xente que aposta pola nosa marca: son mulleres ou homes seguros do seu estilo, que queren vestir con elegancia atemporal, apostando pola calidade, e sobre todo, que son coñecedores da nosa aposta polas prendas que perduran e que evolucionan coa mesma persona”.

Actividades paralelas á exposición

O vindeiro 7 de setembro, nesta mesma Fundación, impartirase unha charla sobre a consolidación de marca dende a experiencia de Roberto Verino grazas a Dora Casal, CEO da empresa téxtil. Unha oportunidade de que o pequeno comercio poida adquirir algunhas claves sobre o éxito dunha das marcas de moda referentes en Galicia.

Ademais, o día 22 de setembro está prevista unha charla sobre transformación dixital dende 3 perspectivas diferentes. Dende Roberto Verino, a través da moda; dende Altia, a través das TICS; e de GOI, a través da loxística.

Unha escolma na que se fusiona arte e moda

A mostra, que poderá verse na Fundación Luis Seoane ata o vindeiro 25 de setembro é unha selección de fotografías, na que se pode ver a evolución da propia da enseña e na que o fío condutor é un estilo propio e inconfundible que se percibe nas instantáneas.

A exposición, que ten como seguinte parada a cidade de Oviedo no mes de outubro, percorrerá 10-12 cidades ao longo do noso país neste 2022 e 2023 entre as que están: Sevilla, Santander, Madrid, Santiago de Compostela e Bilbao entre outras.

Fotos: Brais Lorenzo.

Artigos relacionados

Back to top button