CulturaCulturaSen categorizarÚltima hora

O etnógrafo e arqueólogo Xaquín Lorenzo “Xocas”, homenaxeado polo 30º aniversario do seu falecemento

Tivo lugar no día de hoxe, 18 de xullo, na súa casa familiar de Facós (Lobeira) e en Ourense

Lobeira e Ourense acollían no día de hoxe, xoves 18 de xullo, a homenaxe a Xaquín Lorenzo “Xocas” con motivo do 30º aniversario do seu falecemento. Os actos comezaron na súa casa familiar de Facós (Lobeira), lugar onde tamén faleceu en 1989. Alí descubriuse unha placa conmemorativa, acto ao que asistiron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, o alcalde de Lobeira, o vicepresidente da Deputación de Ourense e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta.

Santalices Vieira afirmou que “Galicia enteira está en débeda con moitos dos nosos devanceiros, moi particularmente con todos os galeguistas históricos, e dentro destes, cos protagonistas da Xeración Nós, que tivo o seu epicentro en Ourense, e a Xaquín Lorenzo, Xocas, como un dos seus integrantes serodios”.

 

Descubrimento da placa conmemorativa.

 

A homenaxe continuaba pola tarde en Ourense, cunha mesa redonda titulada “Xocas, no ronsel da Xeración Nós”. Esta actividade tiña lugar na antiga biblioteca da Deputación Provincial e nela participaban o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, e expertos como Clodio González, Alfonso Vázquez, Mª Xosé Fernández e Xosé Carlos Sierra. Ademais, na clausura tamén interviñan o vicepresidente da Deputación de Ourense, o director xeral de Políticas Culturais da Xunta, e o presidente do Parlamento de Galicia.

 

Descubrimento da placa conmemorativa.

Artigos relacionados

Back to top button