Tras unha mañá chuviosa, a inestabilidade meteoróxica podía facer presaxiar unha diminución na asistencia ao magosto interparroquial, misioneiro e solidario de Rubiá pero todo o contrario. “Ao final quedou moi boa tarde e xuntamos moitísima xente, máis que o ano pasado”, di o párroco Daniel Pérez, gratamente sorprendido e moi contento coa resposta da poboación á esta xuntanza, cuxa recadación irá destinada ás Misións e aos afectados pola DANA.
O magosto comezaba trala misa vespertina do domingo 10 de novembro, onde os os asistentes degustaron exquisitas viandas como chourizos, touciño entrefebrado, castañas, doces e queimada. Tamén se venderon rifas para participar no sorteo dun xamón.
Fotos cedidas.