ConcellosO BarcoÚltima hora

O festival solidario de danza recada 309 euros para axudar aos afectados polo incendios de Valdeorras

A responsable da Academia Bayadère entrega o cheque á presidenta de Cruz Vermella Valdeorras.

 

Na mañá deste mércores 28 de setembro a responsable da Academia de Danza Bayadère con sede no Barco, Nuria Reguera, entregaba á presidenta de Cruz Vermella Valdeorras, Mariví Núñez, a recadación da iniciativa solidaria levada a cabo o pasado sábado 24 de setembro no Teatro Lauro Olmo do Barco, un festival de danza que fixo as delicias do público.

En total recadáronse 309 euros que se destinarán a axudar ás personas afectadas polo incendio de Valdeorras que no mes de xullo afectou duramente aos concellos do Barco, Rubiá e Carballeda de Valdeorras.

Dende Cruz Vermella fan extensivo o agradecemento á academia, así como a “todas as personas que participaron e asistiron ao evento benéfico”.

Artigos relacionados

Back to top button