CulturaCulturaÚltima hora

O FIC Vía XIV 2017 xerou impactos en medios por valor de case 315.000 euros

O director do FIC Vía XIV de Verín, Carlos Montero, confía en que “a excelente repercusión obtida polo festival en 2017 axudará a que se poidan pechar novos patrocinios para a edición deste ano”
Imaxe da pasada edición do FIC Vía XIV de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

A segunda edición do FIC (Festival Internacional de Curtas) Vía XIV, celebrada no pasado mes de decembro en Verín, xerou un total de 82 impactos en medios cuxo valor global ascende a 314.862 euros cunha audiencia de 20.209.000 persoas, segundo vén de facer público a organización da mostra. Esta cantidade, que equivale ao valor publicitario das novas publicadas sobre o certame, reflíctese nun informe elaborado pola empresa Kantar Media e remitido recentemente á Dirección do Festival.

“Do total de impactos publicados en medios, 39 corresponden a novas de prensa; 21 foron divulgados en Internet; 17 en radio e 5 en televisión. En canto ao valor económico segundo a canle, os impactos de prensa xeraron un montante de case 72.000 euros; os de Internet, un valor de preto de 115.000 euros; os de radio, máis de 112.000 euros e, finalmente, o valor conxunto dos de televisión, ascendeu a máis de 15.500 euros”, segundo a organización do certame.

Pechar novos patrocinios

Por outra banda, segundo se desprende do informe de Kantar Media, a meirande parte dos impactos sobre o FIC Vía XIV foron publicados ou emitidos en medios locais e autonómicos. Porén, tamén se divulgaron informacións sobre o certame en medios de fóra de Galicia, como pode ser el caso do xornal catalán La Vanguardia.

O director do FIC Vía XIV, Carlos Montero, confía en que “a excelente repercusión obtida polo festival en 2017 axudará a que se poidan pechar novos patrocinios para a edición deste ano”.

Artigos relacionados

Back to top button