CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O filial do CD Barco e o CD Trives empatan a 2 no Campiño de Viloira

 

Segundo o calendario tocáballes xogar no campo do Trives, O Agro, pero debido ás obras nos vestiarios, disputaban o partido da xornada 8 en Terceira Futgal no Campiño de Viloira, a casa para o filial do CD Barco.

 

 

Así, sobre o céspede artificial dese campo, xogaban na tarde deste domingo 17 de novembro o CD Barco B e o CD Trives, un partido que se saldaba co empate a dous e o conseguinte reparto de puntos.

 

 

Eran os barquenses os que se adiantaban no marcador co primeiro gol de Dimas no minuto 32 aínda que dous minutos despois Chaqui respondía poñendo o 1-1. Con este resulado chegaba o tempo de descanso e tralo paso polo vestiario repetíase a xogada: Anderson anotaba para o Barco no minuto 46, e no 47′ Eric marcaba para o Trives logrando un resultado que xa non se movería.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button