DeportesFútbolÚltima hora

O filial do Victoria CF, coa valdeorresa Isabel Vázquez no corpo técnico, comeza a liga esta fin de semana

O primeiro partido para o conxunto coruñés desta liga exprés será o domingo 28 de marzo ás 12h. contra o filial do PM Friol

Publicidade
Plantel do Victoria CF “B” con Richi, primeiro adestrador e Isabe, preparadora física e segunda adestradora. /Foto cedida.

 

Custou máis do esperado debido ás restricións sanitarias anticovid que retrasaron considerablemente o calendario, pero por fin arranca a Primeira División Galega Feminina de Fútbol. Será a vindeira fin de semana (27-28 de marzo) e neste novo formato de competición exprés, que segue o modelo implantado pola RFGF coas outras competicións dada a situación sanitaria actual, participarán un total de 16 equipos divididos en tres grupos: A (6 equipos), B (5 equipos) e C (5 equipos).

No grupo A está o filial do Victoria CF, conxunto coruñés que ten no seu corpo técnico á valdeorresa Isabel Vázquez (preparadora física e segunda adestradora) que está inmerso nesta peculiar pretempada. O primeiro test de nivel do equipo, formado por rapazas nadas entre 1997 e 2006, pasábano o domingo 21 cun partido amigable contra Betanzos ao que vencían 0-3.

Con respecto á primeira fase da liga, que rematará o 30 de maio, o equipo adestrado por Richi terá que competir contra SD O Val, CD Lugo SAD, Orzán SD, Betanzos CF “A” e PM Friol “B”. O primiero partido oficial será precisamente contra o filial do Friol, o domingo ás 12h. no campo Leyma da Coruña.

 

Isabel Vázquez, natural do Barco de Valdeorras é a preparadora física e a segunda adestradora do Victoria CF “B” e tamén adestradora nas Escolas Luís Calvo Sanz de Carballo-Bergantiños FC. /Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button