DeportesFútbolÚltima hora

O filial feminino do Victoria CF que adestra a valdeorresa Isabel Vázquez volverá xogar a final da Copa en Riazor

 

A deportista valdeorresa Isabel Vázquez, parte do corpo técnico do Victoria CF da Coruña segue en racha e ademais de coordinar o III campus feminino que se celebrará en xullo en Vilamartín de Valdeorras, volve ter a un dos seus equipos na final da Copa A Coruña.

 

Victoria CF-Sporting Cambre.

 

O equipo feminino B do Victoria CF que Isabel adestra xunto a Pablo Souto (segundo adestrador) volverá xogar en Riazor a final da Copa A Coruña. O equipo ganaba 0-6 ao Meicende; 2-4 nos penaltis ao ⁠Carral; e 4-0 ao Sporting Cambre. A Final da II Copa da Coruña xogarana este  mércores 5 de xuño ás 18h. en Riazor contra o Bergantiños.

 

 

Isabel tamén forma parte do corpo técnico do cadete feminino, subcampión na fase regular da liga que se mateu na final da segunda fase tras vecer 5-3 ao Sárdoma; do infantil feminino, recente campión de liga que está tamén xogando as eliminatorias da segunda fase; e do alevín feminino, recente campión de liga.

 

Infantil feminino do Victoria CF.
Cadete feminino do Victoria CF.
Alevín feminino do Victoria CF.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button