CulturaCultura

O filme ourensán “9 olas” proxectarase en Francia

A longametraxe gravada nas provincias de Ourense e Pontevedra, exhibirase no ciclo de cinema español de Quimper

Aproveitando a visita realizada a Ourense no mes de novembro, o Comité de Irmanamento Quimper-Ourense reuníase con Simone Saibene, o director e realizador do filme “9 olas”, para convidalo a presentar a súa película dentro do ciclo de cine hispano que se organiza na cidade bretona dende o ano 2010. Segundo as palabras de Jean-René, presidente do Comité, a película rodada nas provincias de Ourense e Pontevedra “será estreada en Quimper en marzo de 2015 na que sería a súa primeira proxección en Francia” continuando coa distribucion un ano despois da súa estrea.

Tal comco explican dende Noveolas Producciones, o filme foi finalista como mellor longametraxe aos Premios Mestre Mateo deste ano, proxectouse en distintas salas comerciais en varios concellos de Galicia e Portugal e pode verse online a través das plataformas dixitais de Filmin e Nubeox. Ademais “recentemente entrou a formar parte do catálogo inaugural de Cinemas de Galicia, xestionado a través da Agadic que busca complementar a oferta dos circuítos comerciais”.

Escrita e dirixida polo director de cine italiano afincado en Ourense, Simone Saibene, a longametraxe está protagonizada por Dario Merlini, María Tasende e Isabel Risco, e narra a historia dun home que esquece os sus recordos ao beber auga dunha fonte na fronteira entre Galicia e Portugal, comezando así un camiño cara a súa verdadeira identidade.

Fotos: Noveolas Producciones.

Artigos relacionados

Back to top button