ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Folión de Buxán celebra a súa ruta de adegas tocando e comendo por todo o pobo

Durante o percorrido rendéronlle homenaxe a Paco, un dos membros do folión falecido hai un ano

Marcando o ritmo coa corna, os bombos e apeiros de labranza, o Folión de Buxán (O Bolo) vive intensamente o Entroido, con rondas polo pobo, visitas pola contorna, ceas e moita troula.

A finais de xaneiro participaban na Mascarada Ibérica celebrada en Vilariño de Conso e Viana do Bolo; o día 8 de febreiro recibían en Buxán ao Folión da Veiga; e o día 15 aos folións Os Labregos de Trives e Os Arrieiros de Petín (aos que devolveron a visita o día 16). Con todo, unha das citas importantes en casa tíñana no mediodía do 23 de febreiro cunha nova edición da ruta polas adegas tocando, bebendo e comendo.

O percorrido comezaba en Outeiro e de seguido regresaban a Buxán reuníndose na Casa do Pobo antes de visitar unha a unha as diferentes casas onde os esperaban infinidade de biandas (empanada, fiambre, mexilóns,…). Nas úlitmas café e doces.

Hoxe celebrábase tamén o primeiro cabodano de Paco, un membro do folión falecido hai un ano, a quen lle redenderon homenaxe. E mañá, domingo 24 de febreiro, viaxarán ata Trives para participar no Encontro de Folións organizado polos Labregos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button