ConcellosO BoloÚltima hora

O Folión de Buxán co Touro e o Xigante de Celavente, de ronda por O Bolo

 

A comparsa musical (banda de gaitas) que acompaña ao Touro e o Xigante de Celavente xunto co Folión de Buxán, son os símbolos do Entroido que se conservan no concello do Bolo e este ano, ademais das súas propias saídas facíano xuntos.

 

As Mázcaras de Buxán co Touro e o Xigante de Celavente no colexio do Bolo./ Foto cedida.

 

A comparsa de Celavente sairá coma sempre o Domingo de Entroido achegándose ata o Miradoiro da Salesa, a Residencia da Terceira Idade do Bolo e as escolas de Celavente onde rematarán, pero neste venres 9 de febreiro compartían xornada co folión no Entroido organizado dende o Concello.

 

David do Folión de Buxán (contesta) e Roberto da comparsa de Celavente (pide permiso).

 

Pola mañá as Mázcaras de Buxán visitaban co Touro e o Xigante aos nenos do colexio; e xa pola tarde, ás 20 horas saía o Folión de Buxán do Bar Murias (Cambela) e a comparsa de Celavente do Restaurante Boa Vista (Lentellais) para xuntos dar unha ronda por O Bolo con paradas en alomenos tres adegas, tocando e embestido a todo aquel que non vaia disfrazado, ritual que segue esta peculiar parella (Touro e Xigante) antes de rematar no pavillón, cun concurso de disfraces para o nenos e unha petiscada.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button