ConcellosÚltima horaVilamartín

O Folión Os Viticultores de Vilamartín despide o ano cunha cea

 

Cunha cea nunha cova de Vilamartín de Valdeorras, despedían o ano os membros do Folión Os Viticultores. Facíano na noite do 30 de decembro degustando o mesmo menú que servirán na IV Festa das Sopas de Allo, o vindeiro 11 de febreiro, en pleno Entroido: entrantes, lacón cocido, empanada, pizza, sopas de allo, panceta e costela á grella, chourizos cocidos, torta de rixóns, café, licores, viño, auga e refrescos.

 

 

Ademais de celebrar o Nadal co ‘Amigo invisible’ e despedir o ano, Os Viticultores aproveitaron a ocasión para perfilar o Entroido 2023. A primeira do folión será xa o 21 de xaneiro ao Tameirón e despois, irán o 27 a Carracedo da Serra e o 28 a Petín convidados polo folión de nome homónimo. Xa no mes de febreiro o día 4 volverán a Petín convidados polo folión Os Arrieiros; o día 11 organizarán a súa Festa das Sopas de Allo (15 euros e menores de 5 anos gratis); e o día 18 irán a Chandrexa de Queixa.

 

 

De momento estas son as datas confirmadas aínda que dende o folión adiantan que se ofreceron “a ir aos pobos do concello que soliciten a nosa presenza.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button