CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O fotógrafo barquense Sindo Novoa expón en casa

A mostra “Un día na Rapa das Bestas (do monte ao curro)” pode visitarse ata o 30 de setembro no 2º andar do Casino do Barco

A Rapa das Bestas en 20 imaxes. É o que propón o fotógrafo barquense Sindo Novoa, coa exposición que inauguraba na tarde do 25 de agosto na sala do 2º andar do Casino do Barco de Valdeorras.

Alí permanecerá ata o 30 de setembro a mostra sobre esta espectacular celebración “que é tamén a gran descoñecida”, segundo o propio autor “xa que a fotografían profesionais de todo o mundo pero moita xente ten unha idea equivocada sobre ela e pensa que maltratan aos animais cando non é certo”. Ao longo das 20 fotografías Sindo amosa unha viaxe visual por unha das tradicións máis intensas, sorprendentes e atractivas de Galicia, declarada de Interese Turístico Internacional, dende os cabalos salvaxes ceibos no monte, ata a chegada ao curro onde se produce a rapa e desparasitación “un dos momentos máis espectaculares con máis de mil persoas e trescentos cabalos alí metidos”, di. Tampouco faltan instantes durante a baixada dos animais cara Sabucedo e todo tipo de detalles.

Á inauguración, presentada polo presidente do IEV, Aurelio Blanco, asistía numeroso público que non dubidaba en preguntar ao fotógrafo as curiosidades sobre cada unha das espectaculares imaxes.

Máis información no Especial Cristo da edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button