CulturaCulturaÚltima hora

O fotógrafo barquense Sindo Novoa expón na Coruña “Un día na Rapa das Bestas (do monte ao curro)”

A mostra, que percorre esta tradición ao longo dunha vintena de imaxes deste valdeorrés, inaugurábase o 11 de xuño na Casa Museo María Pita
O fotógrafo barquense Sindo Novoa, cunha das imaxes, xunto a J.M. Sande, concelleiro de Cultura, e a membros da Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo.

 

Ao longo das 20 fotografías o barquense Sindo Novoa propón en “Un día na Rapa das Bestas (do monte ao curro)” unha viaxe por unha das tradicións máis intensas, sorprendentes e atractivas de Galicia: a Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada de Interese Turístico Internacional.

Dende os cabalos salvaxes ceibos no monte ata a chegada ao curro, onde se produce a rapa e desparasitación, Novoa mergulla ao espectador nesta ancestral celebración, que se celebra cada ano en xullo. Tampouco faltan instantes durante a baixada dos animais cara Sabucedo e todo tipo de detalles.

Tras percorrer diferentes lugares de Galicia, entre eles O Barco, esta exposición recala agora na cidade da Coruña. Inaugurábase o pasado 11 de xuño na Casa Museo María Pita, onde estará exposta ata o 3 de xullo.

Dentro das imaxes da exposición inclúese ademais a que ilustra o cartel da festa este ano, tamén realizada por Novoa.

Fotos cedidas por Sindo Novoa.

Público visitando a exposición.

Artigos relacionados

Back to top button