CulturaCulturaÚltima hora

O fotógrafo barquense Sindo Novoa, galardoado na Rapa das Bestas de Sabucedo

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo celebraba o 4 de xullo no curro a décima edición da súa gala. Nela resultaba galardoado o fotógrafo barquense Sindo Novoa, autor do cartel desta edición da festa, declarada de interese turístico internacional.

 

 

No acto, que foi conducido pola xornalista Marga Pazos, tamén resultaban distinguidos  polo seu apoio a esta tradición o aloitador Javier Quintillán, (quen foi ademais presidente da asociación do 2006 ao 2009); Estrella Galicia; e a entidade Tequexetéldere.

Fotos: Rapa das Bestas de Sabucedo/ Sindo Novoa.

Artigos relacionados

Back to top button