Entre as festas de inverno que nesta fin de semana están presentes nas XIII Xornadas “Mazcaraes d’iviernu”, que se celebran en Valdesoto (Asturias), está o Entroido de Viana do Bolo. O programa inclúe diversas propostas como unha mostra de fotografía, un taller infantil e tamén un desfile polas rúas de Valdesoto neste 25 de marzo, así como outro mañá con saída da praza cuberta de Pola de Siero.
Nesta edición do encontro participaban catro mascaradas asturianas, dúas galegas, a vianesa e o Entroido de Samede (A Coruña), o Zalduondoko inauteriak (País Vasco) e os Diablos de Luzón (Guadalaxara).