En portadaÚltima hora

O fulión e os Boteiros de Viana, no 2º Encontro de Mascaradas de Luzón (Guadalaxara)

Boteiros de Viana do Bolo durante o Entroido./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A tradición do “Entrudio” vianesa segue dándose a coñecer fóra do municipio. Así o Fulión e os Boteiros participarán nesta fin de semana no 2º Encontro de Mascaradas e Botargas que se celebrará en Luzón (Guadalaxara).

Así toque vianés de bombos e aixadas soará nesta localidade na tarde do 23 de setembro nun desfile no que tamén participarán os Sidros y Comedies de Valdesoto (Asturias) e sete tradicións de Guadalaxara: a Vaquilla de Riba de Saelices e as Botargas de Beleña de Sorbe, de Yélamos de Abajo, de Fuencemillán, a de Setiles e a de Muduex.

Así Viana do Bolo será o único grupo galego participante neste encontro, no que tamén está prevista a actuación dos Dulzaneiros de la Pinocha. Será organizado pola Asociación Cultural Amigos de Luzón.

Artigos relacionados

Back to top button