Unha vez máis cumpríanse as previsións e na mañá deste 18 de abril, a chuvia deixábase sentir en Valdeorras, impedindo moitas das citas relixiosas previstas neste Venres Santo.

Unha delas é a procesión do Vía Crucis e Encontro que cada ano se celebra na parroquia ruesa de Santo Estevo, sacando as imaxes de San Xoán, Xesús co Cruz ás costas e a Virxe polas rúas ata a praza César Conti onde ten lugar o Encontro. Hoxe non puderon saír pero o Vía Crucis tiña lugar no interior da igrexa, seguido polos devotos e presidido polo actual párroco Daniel Pérez e o sacerdote Severino Pérez, xa xubilado pero activo neste tipo de eventos.

O Venres Santo é unha das conmemoracións máis representativas e profundas dos cristiáns. Forma parte do Triduo Pascual e neste día lémbraseprincipalmente a crucifixión e morte de Xesús de Nazaret. Hoxe lese a Paixón do Señor segundo San Xoan e a Igrexa expresa na súa oración o valor universal da mesma.
Hoxe o centro é Xesús crucificado e pola tarde celebraranse os Santos Oficios (18:30 horas) e o Sermón das 7 Palabras (19:30 horas) co posterior Desencravo e procesión do Santo Enterro, se o tempo o permite.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.



