Dende as 10 horas desta mañá de xoves 20 de maio, está no Tanatorio Santa Rita do Barco de Valdeorras (Sala 3) a Capela Ardente do veciño do Barco falecido o pasado 14 de maio nun fatídico accidente de tráfico en Portugal.
O acceso á sala do tanatorio está restrinxido a 10 persoas como máximo, sexan ou non conviventes, respectando as medidas de seguridade establecidas.
O funeral será esta tarde ás 18 horas na Igrexa de Santa Rita do Barco e a continuación terá lugar o sepelio no cemiterio municipal da localidade.