DeportesFútbolÚltima hora

O futbolista valdeorrés Mateo Pacios comeza a súa etapa como infantil na Ponferradina

Plantel do equipo infantil da Ponferradina no que xoga Mateo (diante, terceiro pola dereita)./ Foto cedida.

 

Natural do Barco de Valdeorras, Mateo Pacios leva dende ben pequeniño practicando o seu deporte favorito, o fútbol. Comezaba a súa carreira deportiva nas escolas da comarca, primeiro no CD Rúa onde xogou tres anos coa cor amarela e despois no CD Barco onde pasou outros dous coa cor vermella. Agora, ao seus 13 anos vén de dar un salto importante fichando pola SD Ponferradina para comezar a súa etapa na categoría infantil defendendo as cores azul e branca.

“Está moi contento porque adestra máis que antes que era o que quería e ten moi bos compañeiros”, conta o pai de Mateo, recoñecendo que o levan a Ponferrada ata cindo días á semana para poder adestrar e competir. De feito, o apoio da familia é clave proceso formativo desta xove promesa do fútbol que compaxina o o fútbol co colexio.

A nivel deportivo, Mateo é un atacante de calidade individual que pode xogar tanto na dianteira como en ambos laterais do terreo de xogo. Cualidades que chamaron a atención dos técnicos do club berciano onde vén de iniciar unha nova e prometedora etapa deportiva.

 

Mateo Pacios coa equipación da SD Ponferradina./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button