OurenseÚltima hora

O futuro CAPD de Ourense incrementará nun 35% o número de prazas públicas

O centro construirase no barrio de Barrocás e contará con 110 prazas, 80 residencias e 30 de centro de día

 

Durante a presentación.

 

O novo Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD), incrementará o seu número de prazas públicas un 35%, ata chegar a 426. A conselleira de Política Social, Fabiola García, presentou no día de hoxe, 30 de xullo, este proxecto no que se prevé un investimento de 5,5 millóns de euros e que leva asociada a xeración de 46 novos postos de traballo.

O emplazamento deste centro será o barrio de Barrocás, e aumentarase o tamaño das 80 prazas propostas inicialmente ás 110 coas que contará agora (80 de residencia e 30 de centro de día). No que atinxe aos prazos, a Xunta “xa solicitou ao Concello a licencia e en setembro enviarase a licitación ao Diario Oficial da Unión Europea, previa autorización por parte do Consello da Xunta. A previsión é que as obras comecen no primeiro cuadrimestre de 2020”.

 

Artigos relacionados

Back to top button