DeportesÚltima hora

O galego de remo reunirá este domingo a un cento de deportistas no Parque Náutico de Castrelo de Miño

O campionato, que se desenvolverá en xornada matinal, consta dun percorrido de 5,5 km de lonxitude

Campionato de remo no 2021 en Castrelo de Miño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O domingo 13 de febreiro, o Parque Náutico de Castrelo de Miño acollerá o Campionato Galego de Remo de Longa Distancia coa participación dun cento de deportistas pertencentes a doce clubs, nunha proba que tamén servirá de preparación para o campionato de España que se celebrara a próxima fin de semana neste mesmo espazo.

O campionato, que se desenvolverá en xornada matinal, consta dun percorrido de 5,5 quilómetros de lonxitude, en sentido descendente pola pista de regata do parque náutico. O centenar de inscritos pertencen ás categorías de cadete, júnior, sénior absoluto e remo adaptado, e só utilizarán embarcacións individuais ou dobres.

A proba era presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente e representante da institución para a cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; o alcalde e o tenente de alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e José Antonio Ferreiro; e a presidenta e mailo director técnico do Club Náutico, Beatriz Alberte e Gabriel Fernández.

 

Presentación do campionato.

 

Artigos relacionados

Back to top button