CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O gardameta cubano Inle Valdés debuta hoxe co CD Barco

Inle Valdés./ Foto Facebook.

 

O CD Barco segue introducindo cambios no equipo sénior, na procura duns mellores resultados. Trala substitución no corpo técnico que dende hai quince días dirixe Lino Estévez, agora tócalle á portería.

No partido desta tarde ante o Celtiga (16:45 h. no campo municipal de Calabagueiros) debutará na portería barquense a nova fichaxe vermella, o porteiro cubano Inle Valdés Mayarí.

Aos seus 31 anos, Inle pasou por equipos de Preferente como o San Sebastián de los Reyes B pero sobre todo de Terceira División, formando parte dos equipos SD Almazán, SD Pinto e máis recentemente o Atlético Porcuna, sendo ademais adestrador de porteiros.

Con todo, máis alá das súas cualidades deportivas, Inle é un recoñecido youtuber, cuxos vídeos teñen sido comentados polo mesmísimo Íker Casillas.

 

Artigos relacionados

Back to top button