ConcellosEn portadaÚltima hora

O GDR Sil-Bibei-Navea aproba a súa estratexia de cara ao período 2023/27 para enviar a Agader

O documento era aprobado na asemblea xeral desta entidade, celebrada en Trives, por unanimidade

Un dos momentos da asemblea do GDR Sil-Bibei-Navea.

 

Vén de celebrarase no Auditorio Xulio Vázquez da Pobra de Trives a asemblea xeral ordinaria do GDR Sil-Bibei-Navea na que se aprobaba por unanimidade a presentación da “Estratexia de Desenvolvemento Local para o período 2023-2027”, un documento de máis de 400 folios.

“Este documento ten suma importancia xa que marca as lixas de posibles axudas a partires do ano que ven para emprendedores particulares e concellos dentro do GDR Sil-Bibei-Navea. As principais novidades consisten na incorporación dunha axuda denominada Bono Activa Rural que aparece no DOG de 10 de maio do 23 a instancias de AGADER polo que as persoas que incorporen algunha actividade no rural xerando a lo menos un posto de traballo que pode ser o do propio promotor poden acadar 18.000 euros a cobrar en dous anos”, adianta o presidente deste GDR, Francisco Magide.

Outra das novidades, engade, “é a presentación dun proxecto piloto para conservación e comercialización dos produtos agrarios, especialmente de horta. A estratexia contempla para o período unha cantidade de 5.000.000 de euros”.

Tamén se aprobaba dentro da estratexia un novo baremo no que as axudas se rebaixan para proxectos produtivos a 150.000 euros e para non produtivos a 75.000 cando agora estaban situadas nos 200.000 para as dúas tipoloxías de proxectos. “Tamén cambia a prioridade dos concellos en función dos datos do INE con respecto á evolución demográfica e os do IGE con respecto a renda que serven para acadar unha puntuación diferente. Canto peor sexa a situación nestes dous parámetros, máis puntos se acada para favorecer proxectos e así o desenvolvemento de quen en peor situación se atopa e se antes eran Montederramo, A Teixeira e Chandrexa de Queixa os que tiñan máis puntos agora é Vilariño de Conso”, indica Magide.

Esta estratexia ten sido redactado por unha empresa e tivo unha fundamental aportación do equipo técnico do GDR, segundo o presidente. Todo elo seguindo as directrices de AGADER e da Universidade de Vigo.

Neste mesma asemblea tamén aprobaban as contas do exercicio 2022, a memoria das actividades dese anualidade e o informe anual de avaliación e seguimento.

Artigos relacionados

Back to top button