EconomíaEconomíaÚltima hora

O GDR Sil Bibei Navea renova a colaboración con ABANCA para “atraer novos proxectos e mellorar a sostibilidade”

O presidente do GDR Sil Bibei Navea, Francisco Magide e a directora de zona de ABANCA en Ourense este, María José López.

 

ABANCA e o Grupo de Desenvolemento Rural (GDR) Sil Bibei Navea veñen de renovar un acordo de colaboración de carácter financeiro, a través do cal, ambas entidades centran esforzos en dar resposta ás necesidades do tecido produtivo da zona e na creación de emprego e autoemprego no sector servizos, industrial y agrogandeiro.

O acordo era asinado na mañá deste venres 10 de marzo na Pobra de Trives pola directora de zona de ABANCA en Ourense este, María José López Rubal, e polo presidente do GDR Sil Bibei Navea, Francisco Magide Bizarro.

O texto pon o foco na reactivación económica a través do crédito para impulsar novos proxectos e mellorar a competitividade e sostibilidade dos que xa están en funcionamento. “Os beneficiarios terán acceso a condicións vantaxosas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos e subvencións ou avais”, explican dende a entidade bancaraira, adiantando que o convenio tamén inclúe “unha oferta específica para os proxectos agrogandeiros, con créditos e préstamos específicos para o sector, liñas de comercio exterior, desconto comercial ou confirming”.

Este financiamento a medida tamén vén acompañado da experiencia dunha rede comercial cunha grande capilaridade e con xestores altamente especializados nas necesidades do sector. Así, os empresarios vinculados ao GDR “poderán gozar das vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais”. Ademais, o banco ofrece xestores especializados en materia de seguros e banca electrónica para as persoas interesadas; e desde as oficinas de ABANCA facilitarán información relativa ás opcións de financiamento a través dos convenios oficiais que o banco ten subscritos con diversos organismos públicos.

Artigos relacionados

Back to top button