En portadaÚltima hora

O GDR Valdeorras aproba axudas para 13 proxectos valorados en máis de 1,57 millóns de euros

Dese total once serán produtivos e os dous restantes improdutivos, tal e como anunciaba a presidenta do GDR, María Carmen González
A presidenta e o xerente do GDR Valdeorras, na rolda de prensa.

Dentro do marco da primeira convocatoria do Plan Leader 2018, o Grupo de Desenvolvemento Rural de Valdeorras (GDR7) vén de aprobar conceder axudas por valor de máis de 770.000 euros para trece proxectos orzamentados en 1.577.545,09 euros. Así o anunciaba nunha rolda de prensa celebrada na mañá do 1 de agosto a presidenta do GDR e alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González, na Casa Grande de Viloira (O Barco).

“Hai dez meses, cando demos nesta mesma sala unha rolda de prensa de balance do primeiro semestre de actividade do GDR, diciamos que os nosos esforzos estaban centrados en desenvolver unha estratexia cunha vocación mobilizadora da sociedade local. A día de hoxe, creo que podemos dicir que esta táctica conseguiu un rotundo éxito”, aseguraba González.

Así nesta primeira convocatoria do Plan Leader en 2018 en Valdeorras vanse desenvolver trece proxectos, once produtivos (dos cales oito son de empresas xa existentes e os outros tres de firmas de nova creación) e dous non produtivos. Cada un deles era detallado polo xerente do GDR, Luis Rodríguez: un novo sistema de filtrado nunha na Rúa, a posta en marcha dun servizo de hosting na Veiga, a restauración da igrexa parroquial de San Martín en Pumares (Carballeda de Valdeorras), a rehabilitación das antigas escolas do concello de Larouo, reformas nunha adega en Chandoiro (O Bolo), a rehabilitación dunha antiga casa e a construción de tres apartamentos rurais e outro proxecto para crear novas prazas hoteleiros en Petín, a creación dun centro lúdico e deportivo en Quereño da empresa e un proxecto dunha adega vilamartinesa para adaptar parte das súas instalacións ao enoturismo.

Ademais, no concello do Barco desenvolveranse tres proxectos: a creación dun centro de día, a construción dunha nave para instalar un taller de montaxe, reparación e mantemento de tacógrafos e a construción dun centro de transformación de estruturas en madeira.

Artigos relacionados

Back to top button