Nova intervención do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) Valdeorras con relación á praga da Vespa velutina. Os seus efectivos veñen de eliminar dous novos niños desta especie invasora.

Un deles estaba baixo o toldo da fiestra do cuarto piso dun edificio da zona do Chao no Barco e outro no faiado inaccesible dunha casa antiga en Arcos (Vilamartín de Valdeorras).
Fotos cedidas.
