É ademais o primeiro localizado no municipio de Carballeda de Valdeorras e estaba situado nunha árbore a 5 m de altura
Seguen retirándose niños secundarios de Vespa velutina en Valdeorras e cada vez de maior tamaño. Na xornada do 28 de novembro o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras procedía á retirada dun novo niño deste tipo na zona de Pumares (Carballeda), moi preto da vía do ferrocarril.
Estaba situado nunha árbore a uns 5 metros de altura e trátase do niño máis grande atopado ata o momento en Valdeorras. Mide uns 70×50 cm. Este é ademais o primeiro niño que se localiza no municipio de Carballeda de Valdeorras.
No caso de descubrir un niño de velutina, recoméndase dar aviso ao 012. A caída das follas está deixando ao descuberto nestes días este tipo de niños, antes ocultos no alto das árbores.