Os bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, en colaboración cos voluntarios de Protección Civil da Rúa, veñen de retirar un niño de Vespa velutina de gran tamaño que se atopaba nunha árbore da vila da Rúa, en concreto na rúa Santiago. Este niño estaba activo no momento da súa retirada.
Dende Protección Civil da Rúa destacan que se trata do niño máis grande que se ten eliminado neste municipio.