ConcellosÚltima hora

O GES Valdeorras retira un niño de velutina en Penouta (Vilamartín)

Estanse a rexistrar bastantes avisos do 012 en toda a comarca de Valdeorras con relación a esta avespa invasora
Niño de Vespa velutina en Penouta (Vilamartín de Valdeorras), antes da súa retirada.

Continúan aparecendo niños de Vespa velutina no municipio de Vilamartín de Valdeorras. Tras os neutralizados anteriormente no casco urbano vilamartinés e tamén no núcleo de San Miguel de Outeiro, nos últimos días detectábanse máis. Así o 20 de setembro o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Valdeorras procedía á retirada dun niño secundario de velutina na localidade vilamartinesa de Penouta, situado parte superior da fachada dunha casa.

 

Un dos membros do GES Valdeorras procedendo á retirada do niño de Penouta.

 

Tamén se retiraban outros dous en Portela, un deles de velutina, e recoñecíase outro niño no casco urbano de Vilamartín, que neste caso resultaba ser de Vespa crabro, unha especie autóctona. Estanse a rexistrar bastantes avisos do 012 por este tema en toda a comarca de Valdeorras: no Barco, Larouco, Carballeda, O Bolo, Petín, Rubiá e A Rúa, que, pese a ser concello colaborador na loita contra esta pragra, ten solicitado a colaboración do GES Valdeorras para eliminar algúns niños.

 

Restos do niño, tras ser retirado polo GES Valdeorras, e de exemplares de velutina.

 

Malia que os primeiros exemplares de velutina detectábanse en Valdeorras hai apenas un ano, non foi ata esta primavera cando aparecían os primeiros niños primarios desta avespa invasora e, xa no verán, numerosos secundarios.

Se se localiza un niño de velutina é necesario chamar ao 012 ou ao 112 para que se proceda á súa retirada.

Artigos relacionados

Back to top button