CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O gol de Oca dá a vitoria ao CD Barco en casa fronte ao Cultural Areas

 

Suma e segue. Pouco a pouco pero sen ceder. O equipo sénior do C.D. Barco segue unha semana máis como líder da Preferente Futgal Sur trala vitoria en casa fronte ao Cultural Areas.

 

 

Foi pola mínima pero o gol de Oca no minuto 44 chegáballe aos de Lino Estévez para vencer aos pontevedreses nun partido marcado pola gran entrada no campo municipal de Calabagueiros na tarde deste domingo 16 de marzo.

 

 

A seguinte cita para os valdeorreses será no campo Lurambal 1 fronte ao Porriño Industrial FC.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button