CD BarcoDeportesEn portadaFútbolÚltima hora

O gol de Óscar Martín dá a vitoria ao CD Barco en Calabagueiros

O conxunto barquense vencía 1-0 ao Racing Vilalbés na tarde deste sábado 1 de abril

 

Dobre sesión de fútbol se desfrutaba no Barco de Valdeorras na tarde deste sábado 1 de abril, con dous dos partidos adiantados da xornada. Ás catro comezaba no Campiño de Viloira o CD Córgomo Vilamartín-CD Maceda que se saldaba co 0-7 favorable aos visitantes e ás 18:30h, facíao en Calabagueiros o CD Barco-Racing Vilalbés.

O conxunto barquense tiña todas as esperanzas postas neste partido para seguir loitando pola permanencia, e grazas ao solitario gol de Óscar Martín, conseguíano. Con ímpeti e enerxía saían ao terreo de xogo os rapaces de Cándido Gómez aínda que os lucenses non estaban dispostos a facilitarlle as cousa. Así tras un continuo tira e afrouxa e un par de ocasións, o capitan barquense marcaba no minuto 31 o tanto que poñía en pé á bancada.

 

Once titular do CD Barco.

 

Remataba así a primeira metade e tralo paso polo vestiario o técnico despregou os cambios pero o marcador xa non se movería.

Con este resultado o equipo sénior do Centro de Deportes volve respirar e matén as opcións de permanencia. A seguinte cita será de novo en casa ante o Alondras.

 

O trío arbitral cos capitáns de ámbolos dous equipos.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button