Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Gran Premio de Montaña A Rúa contará con algúns dos mellores corredores de trail de Galicia

Celebrarase o 1 de outubro e incluirá con tres modalidades: trail, andaina e mini trail

Un dos participantes da anterior edición./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nada máis rematar a Milla Urbana Nocturna que logo de tres anos de parón regresaba en agosto no marco das Festas de Verán da Rúa, cun gran ambiente entre deportivo e festivo no centro da vila e uns cen deportistas, o Club Atletismo Rúa poñíase a traballar xa no Gran Premio de Montaña, a súa proba estrela, que celebrará o 1 de outubro a VII edición.

Trátase dunha proba da Copa Xunta de Galicia da FGM e da Liga de Ourense Trail, puntuable tamén para a UmTb e contará con tres modalidades: trail cun percorrido de 24 km e +2000m de desnivel aproximadamente por sendeiros, viñas, caminos de carros, entre castiñeiros e miradores das zonas de Vilela, Puente Pérez, San Xulián, a antigua canteira, o Barranco Rubio, Muro, a Fraga del Lobo, Fontei ou a Carrua Fonda; andaina de 17 km e +900 de desnivel; e mini trail de 16 km e +1100 metros de desnivel.

 

Camiseta oficial do GPM A Rúa 2023.

 

Todos os avituallamentos será de sólidos e líquidos e a bolsa que entregarán a cada participante inclúe unha camiseta, un chaveiro, um batido e un vale para a paella e a cervexa que se degustará ao final do evento. Haberá trofeos aos tres primeiros de cada categoría dos dous trails, tanto masculino como feminino; e tamén trofeo aos tres mellores clasificados tanto en mini trail como en trail (masculino e feminino).

As inscricións están limitadas a 200 persoas e poden facerse a través da web de galitiming ata as 23:59 horas do xoves 28 de setembro. Segundo o Club Atletismo Rúa neste momento contan xa cuns 100 inscritos entre os que figuran algúns dos “mellores corredores de trail de Galicia e parte de España” como Yago Abeledo do CDM Xesteiras, Adrián Díaz do Running Sport Trail, Alba Rey do AD Jarnachas, Emilio Montilla do Castro Trail ou Iván Barreiro do CDM Xesteiras.

 

Artigos relacionados

Back to top button