
Por sétimo ano consecutivo e con motivo do Día Mundial da Calidade, baixo o lema “Calidade 4.0” Expourense organizou a entrega dos premios Líderes en Calidade. Esta iniciativa ten como obxectivo “sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade, co fin de prestar servizos eficientes e acadar a satisfacción do cliente”.
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, foi a encargada de entregar estes galardóns ás empresas distinguidas este ano entre as que están dúas ourensás: o Grupo Cuevas no apartado de Internacionalización e Cafés Lisboa no Sector Alimentación. Tamén resultaron premiados: a Unidade de Cardioloxía da Xerencia da Xestión Integrada de Santiago de Compostela do Sergas, na Coruña (Sector Sanitario); a Fundación Paideia da Coruña (Sector Educación); o Grupo Aludec de Pontevedra (Medioambiente); e ASPANAES da Coruña (Servizos sociais).
