En portadaÚltima hora

O grupo de goberno barquense proporá que as pistas de atletismo leven o nome de Luis Nogueira

Así o anunciaba o alcalde durante o acto inaugural da exposición homenaxe a este atleta valdeorrés no Barco

Publicidade
Imaxe de Luis Nogueira xunto á súa xavelina na exposición que vén de inaugurarse no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Manter vivo o legado e a memoria do atleta valdeorrés Luis Nogueira é o obxectivo dunha mostra titulada “O seu destino era chegar a ser o que foi”, que se inauguraba onte na sala Abanca do Barco e que poderá visitarse ata o vindeiro 12 de outubro.

No acto inaugural desta mostra, promovida pola familia do lanzador de xavelina natural de San Vicente de Leira (Vilamartín) e residende na vila barquense, o alcalde do Barco, Alfredo García, anunciaba que o Concello tamén vai aportar o seu gran de area para conservar o seu legado e que se vai propor que as pistas de atletismo barquenses, onde Nogueira adestraba, leven o seu nome.

 

Pistas atletismo de Calabagueiros no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cómpre lembrar que esta mesma idea xa a lanzaba unha lectora do Periódico O SIL a través das redes sociais cando este medio de comunicación informaba do falecemento do atleta en abril de 2021, idea que era apoiada por outros lectores.

Por outra banda, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, tamén anunciaba na mesma inauguración da mostra que esta entidade vai homenaxear a Nogueira poñendo o seu nome a uns galardóns.

 

Artigos relacionados

Back to top button